Campamento Artístico-Lúdico do CCRD Perlío – Setembro 2026
Logo do éxito da edición de xuño, o C.C.R.D. Perlío abre inscricións para o Campamento Artístico-Lúdico de setembro, pensado para facilitar a conciliación familiar nos días previos ao inicio do curso escolar.
Datas e horario
- 1, 2, 3, 4, 7 e 8 de setembro de 2026
- De 09:00 a 14:00 h (entrada flexible ata as 10:00 h)
Destinatarios
Nenas e nenos nados entre 2010 e 2022.
Contidos
Obradoiros de creatividade plástica, xogo simbólico, expresión corporal e dinámicas de equipo co obxectivo de estimular a imaxinación, reforzar habilidades sociais e divertir a rapazada nun contorno seguro.
Prazas e prezos
- Socios/as C.C.R.D. Perlío: gratis
- Non socios/as que asistiron ao campamento de xuño: 25 €
- Non socios/as (nova inscrición): 50 €
- Aforo limitado; asignación por orde de inscrición confirmada.
Reserva de praza
- En liña: https://www.circuloperlio.gal/campamentoseptiembre2026/
- Prazo: ata o luns 24 de agosto inclusive (peche de listas e previsión de material).
- Información adicional: 689 930 972 (tel./WhatsApp) ou oficina do Club (luns-venres, 09:00-13:00 h).
Lugar
Sede social do C.C.R.D. Perlío · Rúa San Salvador 12, Perlío – Fene.
A actividade conta coa colaboración da Deputación da Coruña.
Publicacións recomendadas
Sardiñada CCRD Perlío 2026: XXV edición
31 Xullo, 2026
Churrascada 2026 no Casino de Perlío
23 Xuño, 2026

