Churrascada 2025 no Casino de Perlío: o sabor do verán regresa con forza
O Círculo Cultural Recreativo e Deportivo de Perlío (C.C.R.D. Perlío) organiza unha nova edición da súa tradicional churrascada de verán, que se celebrará o domingo 6 de xullo ás 14:30 horas nas instalacións do Casino de Perlío.
Este evento, xa consolidado como unha das citas máis agardadas do calendario social, reunirá a socios, socias e acompañantes nunha xornada de convivencia e celebración ao aire libre, cun ambiente familiar e festivo.
Un menú completo e música en directo
O menú inclúe churrasco, chourizos, patacas, ensalada, pan, viño e xeado. Ademais, contaremos con música en directo para amenizar a sobremesa e prolongar o ambiente de festa.
Reservas obrigatorias ata o 2 de xullo
Para participar será imprescindible facer a reserva antes do mércores 2 de xullo de 2025. As reservas non se considerarán válidas ata realizar o pago íntegro, e non se servirán racións sen reserva previa.
As reservas poderán formalizarse na oficina da sociedade, chamada o 689 930 972 e por transferencia bancaria.
Prezos
- Socios/as: 12 euros
- Acompañantes: 18 euros
Publicacións recomendadas
Sardiñada CCRD Perlío 2026: XXV edición
31 Xullo, 2026
Churrascada 2026 no Casino de Perlío
23 Xuño, 2026

