Día das Letras Galegas 2025 no C.C.R.D. Perlío
O Círculo Cultural Recreativo e Deportivo de Perlío (C.C.R.D. Perlío) ten o pracer de convidarvos á celebración do Día das Letras Galegas 2025, unha data moi especial dedicada este ano ás cantareiras, as mulleres que manteñen viva a tradición oral galega a través das cantigas populares e o son das pandeiretas.
Sábado 10 de maio
Ás 19:30 horas
Conferencia Literaria
O evento contará cunha interesante conferencia a cargo do Colectivo Literario Moraima, composto por:
- Mariola Hermida
- Aurora Varela
- María Inés Pérez
- Ester Val
Actuacións Musicais
Poderemos gozar tamén da actuación de dous grupos de cantareiras pertencentes á asociación Airiños de Fene, “Xerfa” e “Xirifeiras”, que nos agasallarán coas súas voces e ritmos tradicionais.
🎟️ Entrada libre
Unha tarde para compartir cultura, música e identidade galega. Non faltedes!
Publicacións recomendadas
Día das Letras Galegas 2026
6 Maio, 2026
A IV Festa da Paella xa ten data: 29 de marzo
17 Marzo, 2026
Entroido 2026 no CCRD Perlío: Festa de Entroido e Entroido Infantil
12 Febreiro, 2026

