Entroido 2025 no Círculo Cultural Recreativo e Deportivo de Perlío
O Entroido está á volta da esquina e no Círculo Cultural Recreativo e Deportivo de Perlío temos todo listo para celebralo como se merece: cun bo cocido galego, boa compañía e música en vivo! Se non queres perder esta gran cita gastronómica e festiva, toma nota de toda a información.
Data e hora
Domingo, 9 de marzo de 2025 as 14:30 horas
No C.C.R.D. Perlío (Rúa San Salvador, 12, Perlío, Fene, A Coruña, Galicia)
Menú de entroido
Para esta ocasión especial, imos preparar un menú tradicional que nos fará esquecer o frío do inverno:
– Sopa de Entroido
– Cocido Galego completo con todos os seus ingredientes tradicionais.
– Orellas de Entroido, para poñerlle o toque doce á festa.
– Pan e Viño, como manda a tradición.
– Café, para rematar cunha boa conversa de sobremesa.
Animación en vivo
Porque un bo Entroido non se entende sen música, teremos música en directo para acompañar o xantar e prolongar a festa ata que o corpo aguante. Así que trae o teu mellor ánimo e prepárate para pasalo en grande!
Prezo e reservas
🎟 25 euros para socios
🎟 35 euros para invitados
📢 Aforo limitado! Para garantir a túa praza, reserva canto antes na oficina do CCRD Perlío ou chamando ou enviando un WhatsApp ao 📞 689 930 972. O prazo límite para anotarse é o mércores 5 de marzo de 2025 ás 14:00 horas.
Ven co teu disfrace!
Lembrade que é Entroido! Se queredes poñerlle máis cor á festa, trae o teu mellor disfrace.
🔥 Non deixes que cho conten! Reserva a túa praza e ven celebrar con nós un Entroido auténtico, con boa comida, boa música e mellor compañía! 🔥
Publicacións recomendadas

Día das Letras Galegas 2025 no C.C.R.D. Perlío
8 Maio, 2025

Festa das flores 2025: xornada para gozar sen présas
15 Abril, 2025