A IV Festa da Paella xa ten data: 29 de marzo
O C.C.R.D. Perlío celebrará a IV Festa da Paella o domingo 29 de marzo de 2026, ás 14:30 h.
A xornada inclúe música en vivo coa actuación de Micro Show.
Menú
A comida inclúe ensaladilla como entrada e paella como prato principal, con postre ao remate. Servirase con pan e viño, e completarase con café e chupito.
Prezos
- Socios/as: 15 €
- Convidados/as: 25 €
Inscrición e prazo
A participación é con aforo limitado. As inscricións realizaranse na oficina do C.C.R.D. Perlío ou no 689 930 972 (teléfono/WhatsApp), ata o mércores 25/03/2026 ás 14:00 h.
Publicacións recomendadas
Día das Letras Galegas 2026
6 Maio, 2026
Entroido 2026 no CCRD Perlío: Festa de Entroido e Entroido Infantil
12 Febreiro, 2026

