Magosto 2025 no CCRD Perlío: Hoxe e día de castañas e amigos
Aínda que a chuvia nos acompañe, no salón xa está todo preparado para vivir unha xornada inesquecible de festa, boa comida e música en directo.
O noso equipo estivo traballando arreo para decorar o espazo e deixar as mesas listas para recibirvos a todas e todos con moito agarimo. O ambiente é acolledor e perfecto para desfrutar do outono en boa compaña.
– Música en vivo con PATRI
– Liscos, castañas, viño, lambetada… e moito máis!
– Ás 14:30 h dámoslle comezo ao xantar
Grazas a todas as persoas que vos animastes a participar!
🌰 Magosto 2025 en el C.C.R.D. Perlío! 🌰




Publicacións recomendadas
Sardiñada CCRD Perlío 2026: XXV edición
31 Xullo, 2026
Churrascada 2026 no Casino de Perlío
23 Xuño, 2026
